(I) Teño novas comigo como eu desexei ter hai moito tempo, madre, abofé, e direivos cal é a nova, que non vos negarei nada: o meu amigo estará hoxe aquí, e nunca eu tan boa nova ouvín.

(II) E, dado que Deus me fixo recibir tal nova como desexaba o meu corazón, madre e señora, así Deus me perdoe, quérovos eu dicir a nova: o meu amigo estará hoxe aquí, e nunca eu tan boa nova ouvín.

(III) E por iso sei que me quere facer ben Noso Señor, a quen eu fun rogar por boas novas, e fíxomas El chegar, e poderédelas, miña nai, saber: o meu amigo estará hoxe aquí, e nunca eu tan boa nova ouvín.

(IV) Mellor nova ca esta nunca podo ouvir, madre, de ningunha maneira, e por iso non volo quero eu ocultar a vós, porque sei que vos prace o meu ben: o meu amigo estará hoxe aquí, e nunca eu tan boa nova ouvín.