(I) Maravíllome eu, señora, así Deus me dea ben, por canto vos vexo rogar a Noso Señor, e vinvos preguntar que me digades unha cousa, por Deus: en que vos podía Noso Señor facer máis ben do que vos fixo, señora?
(II) Fíxovos falar ben e ser fermosa e cumprida de ben, abofé, e rogades a Deus, non sei por que o facedes; e, miña señora, quero de vós saber en que vos podía Noso Señor facer máis ben do que vos fixo, señora?
(III) Pois vos fixo calma e de moito valor, e en vós xa máis ben non poderá existir, por que lle rogades xa? Pois xa que El tanto ben vos fixo, en que vos podía Noso Señor facer máis ben do que vos fixo, señora?
(1) Eu, infeliz, moi coitado de amor, debía rogar a Noso Señor, que me fixo sempre vivir sen gusto e sen o voso favor, miña señora.