(I) Sería de xustiza, señora, terdes piedade de min, que en mal día vos vin e por iso me causa moito dano o amor por vós, tan grave que non teño poder para sufrir máis esta coita que sufro xa hai moito tempo.
(II) Pero sabe Noso Señor que eu nunca merecín de vós isto, mais sabe ben que, desde que vos vin, vos servín sempre o mellor que eu puiden; por iso, querede ter dó de min, pobre infeliz.
(III) Mais queira Deus, que é señor de todo, darme algún consello sobre iso, pois se o meu caso segue así e El non me axudase contra vós, a quen El fixo valer máis de cantas outras fixo nacer, eu morro, mais sen merecelo.
(1) Mais, se eu hei de morrer sen merecelo, non vos vexo niso mérito ou louvor.