(I) Meu amigo e meu ben e meu amor, dixéronvos que me viron falar con outro home por vos causar pesar, e por iso rogo a Noso Señor que condene a quen volo foi dicir, e a vós, se así o crestes, e a min, se de tal fun merecedora.
(II) Xa vos dixeron de min que falei con outro home e que non vos tiven en consideración, e, se o fixen, xamais me veña ben; mais rogo a Deus e sempre lle rogarei que condene a quen volo dixo así, e a vós, se crestes tan gran mentira de min, e a min, se o pensei.
(III) Sei que vos dixeron, abofé, que falei con outro home, e non foi así, senón que volo dixeron por mal; mais rogo a Deus, que no ceo está, que condene a quen vos tal cousa dixo, e a vós, se a crestes entón, e que me condene a min, se é verdade.
(1) E condene a quen sente un gusto tan grande de semear desamor entre eu e vós, porque temos o maior amor do mundo.