(I) Sei que o meu amigo se foi de aquí triste, amigas, porque non me viu antes e despois tampouco el durmiu, nin eu, amigas, desde que non o vin: endexamais durmín despois, abofé, desde que se el foi, porque non sei que é (II) del, amigas, e agora morrerei porque non o podo saber, nin me sabe hoxe ninguén dicir o que é del; e máis vos direi diso: endexamais durmín despois, abofé, desde que se el foi, porque non sei que é (III) del, amigas, e ando agora por iso tan triste que non sei que facer, nin me sabe ninguén dicir hoxe novas de se virá axiña, e aínda vos direi diso máis: endexamais durmín despois, abofé, desde que se el foi, porque non sei que é (1) del, amigas, e así el anda coitado por min e eu por el, abofé.