(I) Meu Señor Deus, se vos prouguer, tirade a Amor (o poder que ten) sobre min e non me deixedes así vivir en tamaña coita, pois vós debedes socorrer todo aquel que tiver coita, (II) porque sería o que máis me é preciso, xa que el me ten na maior coita en que Amor ten a alguén; e, Deus, se vos parece ben, sacádeme do seu poder e despois facédeme outra cousa calquera.

(III) E desde que Amor non me faga levar a coita que levo, Deus, nunca por outro pesar terei desexo de morrer, que eu penso non perder mentres Amor teña poder sobre min.