(I) Meus amigos, moi ben estaba eu cando á miña señora podía falar da moi gran coita que me fai levar Noso Señor, que ma mostrou; por iso me fai a min contra a miña vontade vivir lonxe dela e sen o seu favor (II) Deus, que lle concedeu moita fermosura; para o meu mal e para mal destes meus ollos me dispuxo agora que non vise os seus: por ma facer sempre máis desexar me fai a min contra a miña vontade vivir lonxe dela e sen o seu favor (III) Noso Señor, que lle concedeu moi boa fama, mellor que a cantas outras donas vin vivir no mundo, e, sen dúbida, así é: Deus, que a ela lle fixo todo este ben, me fai a min contra a miña vontade vivir lonxe dela e sen o seu favor, (1) e faime, contra a miña vontade, amar unha dona a quen non ouso dicir nada.