(I) Meus amigos, non podo eu ocultar máis o moito que amo a miña señora (até o punto) que llo non diga cando estea ante ela; e de hoxe en diante quérome arriscar a dicirllo, e, despois que llo dixer, máteme ela se me matar quixer, (II) porque, abofé, eu sempre me gardei canto puiden de lle causar pesar; mais, de calquera forma, unha morte hei de ter, e con gran pavor arriscareime a dicirllo, e, despois que llo dixer, máteme ela se me matar quixer, (III) porque eu nunca vin a outro home levar unha coita tan grande, abofé, como eu levo; mais, xa que así é, quérome arriscar desde hoxe a dicirllo, e, despois que llo dixer, máteme ela se me matar quixer.