(I) –Miña señora, víñenvos rogar, por Deus, que vos lembredes de novo de min, xa que me tivestes e aínda me tendes agardando, e penso que me hei avergoñar diso. E, se vos prouguer, debedes hoxe honrar a miña persoa, que adoita sempre andar honrada, e non me deshonredes vós.
(II) –Cabaleiro, ofender a vosa persoa nunca me ouviredes, mais deixémola estar, e diso que dicides [...] non penso en amarvos nin o pensarei, coido eu, máis do que agora vedes.
(III) –Miña señora, direivos eu como debedes proceder ao meu respecto: a razón por que sempre vos amei non a tomedes como algo insignificante, e sempre vos servirei. Se hoxe me avergoñades, obrade segundo o meu desexo e dádeme outra cousa, e marcharei, e non me deteñades.
(IV) –Cabaleiro, tal non vos darei, mais, se vos queixades, moi ben vos aconsellarei: ídevos, que xa tardades, pois para que vos ía reter onde non conseguides nada? Mais terei desexos de vós, e soportareinos até que veñades outra vez.
(V) –Miña señora, ao meu entender mellor sería que quixésedes facer por min o que eu faría por vós, pois eu non vos retería por tan pouca cousa; mais eu non sei de muller que se comporte segundo os meus desexos como eu lle faría.