(I) Miñas amigas, eu quero desde este momento querer moito o meu amigo, pois o día en que el se foi de aquí viume chorar e, con dó de min, cando choraba, comezoume a mirar, viume chorar e púxose (tamén) el a chorar.
(II) E, abofé, sempre lle eu quererei, en verdade, o mellor que eu puider, porque el fixo por min o que vos direi, miñas amigas, e non vos mentirei: cando choraba, comezoume a mirar, viume chorar e púxose (tamén) el a chorar.
(III) El tivo gran coita no seu corazón, miñas amigas, cando se separou de min; viume chorar e, despois de que me viu chorar, direivos o que fixo entón: cando choraba, comezoume a mirar, viume chorar e púxose (tamén) el a chorar.