(I) Morro e práceme, así Deus me perdoe, e teño gran desexo da miña morte por non sufrir a grandísima coita de amor que sempre sufrín no meu corazón, porque logo perderei esta coita. E, amigos, direivos outra cousa: pésame moito porque non verei, antes de eu morrer, a miña luz e o meu ben.
(II) Adoitaba eu temer a miña morte e tiña gran gusto de vivir, e agora morro e práceme morrer e xa non querería vivir máis, e teño gran pracer porque morro. E, amigos, direivos outra cousa: pésame moito porque non verei, antes de eu morrer, a miña luz e o meu ben.
(III) Teño eu gran razón en me compracer coa miña morte, por Noso Señor, pois sei sen dúbida que, despois de eu morrer, perderei logo esta coita, e a quen agora temo non temerei. E, amigos, direivos outra cousa: pésame moito porque non verei, antes de eu morrer, a miña luz e o meu ben.
(IV) E quérovos agora expresar cal é o ben que eu quería ter: é a miña señora, de moi fermosa aparencia, a que me fai desexar a miña morte e a que nunca máis poderei ver. E, amigos, direivos outra cousa: pésame moito porque non verei, antes de eu morrer, a miña luz e o meu ben.