(I) Morreredes por min, amigo, se eu non vos conceder o meu ben, e non sei que podo facer ao respecto, aínda que penso niso moitas veces; e vede que me acontece con este asunto: para min é moi custoso concedervos o meu ben, e moi doloroso deixarvos morrer.

(II) Non hai nada que vos poida protexer da morte e ben sei que morreredes por min se non obtiverdes algunha recompensa pola miña parte; e no que eu teño a considerar a este respecto, para min é moi custoso concedervos o meu ben, e moi doloroso deixarvos morrer.

(III) Se non vos conceder o meu ben, Amor mataravos por min, sei ben que así será; mais xúrovos e dígovos así, así Deus me deixe nisto facer o mellor: para min é moi custoso concedervos o meu ben, e moi doloroso deixarvos morrer.

(1) E rogo a Deus, que ten o poder para iso, que El me deixe nisto facer o mellor.