(I) Morre o meu amigo de amor e eu non cho creo moito, e el dime logo por iso que ha vir morrer a onde eu estea, e a min agrádame moito (que o faga) por ver se morre ou se non.

(II) El mandou que me dixesen así: que a el, pola miña mesura, o deixase morrer aquí e que eu o vexa cando el morrer, e a min agrádame moito (que o faga) por ver se morre ou se non.

(III) Nunca xamais crea unha muller que por ela morren así, pois eu ese nunca tal vin (que morrese), e el que morra se lle parece ben, e a min agrádame moito (que o faga) por ver se morre ou se non.