(I) Moi mal disposto está todo para que eu reciba ben. Xa en canto eu viva no mundo hei de sufrir tal coita, cal sufro, que vos direi, amigos, o que me acontece: cada vez que penso estar ben coa miña señora, estou mal, e, cando (penso estar) mal, peor.
(II) E por isto, que Deus me perdoe, entendo xa que nunca perderei a maior coita que teño no mundo, e quero logo dicir por que non: cada vez que penso estar ben coa miña señora, estou mal, e, cando (penso estar) mal, peor.
(III) E por isto estou xa ben certo de sufrir gran coita no mundo e non outra cousa, e de ter sempre, en lugar de ben, mal, porque vos direi como me foi disposto todo: cada vez que penso estar ben coa miña señora, estou mal, e, cando (penso estar) mal, peor.
(1) E por isto sufro eu a maior coita de cantas fixo sufrir Amor.