(I) Tendes gran pracer, miña señora, en que nunca perda coita nin pesar eu que vos amo máis que a ninguna outra cousa, pois non queredes que fale do ben que vos fixo Deus, pois non podo perder a gran coita, porque non ouso dicir o moito ben que Deus vos fixo, señora, (II) porque, xa que vós non queredes, miña señora, que fale do ben que Deus vos quixo dar, sempre terei que andar moi afastado dos que han de falar dalgún ben, pois, se non, non tería poder, cando eu ouvise falar dalgún ben, de non falar do voso ben, señora, (III) porque é tantísimo o voso ben, señora, que eu non penso nin podo pensar que ningún home que vos vise e coñecese o voso ben puidese evitar que, se escoitase nalgún momento a alguén falar dalgún ben, que non [...], señora.