(I) Moitas veces nos meus pensamentos gozo eu dun gran ben da miña señora, e canto alí teño de pracer tórnaseme despois en pesar desde que eu deixo de pensar, e nada me resta daquel gran ben, e non sei encontrar solución, (II) nin encontrarei solución en canto eu vivo for, agás en pensar, porque de tal forma me ten forzado Amor que me fai amar unha dona tal que me quere moi mal por iso, e, porque non sabe amar, pensa que Amor non pode forzar a un home. 

(III) Mais Amor ten un poder tan grande que pode forzar a quen quixer, e, xa que a miña señora non quere de forma ningunha crer isto de Amor, xamais eu terei o seu ben se non é así como o teño: sempre no pensamento o podo ter, (IV) porque Deus me deu tan gran poder que, mentres eu me puider gardar das falas de homes e mulleres, non poida este ben perder, pois sempre nela pensarei e sempre nela terei posto o corazón mentres eu viva.