(I) Teño moito que che agradecer, ai Amor, porque quixeches vivir comigo e non me quixeches desamparar até (agora) que vén a miña luz e o meu gozo e o meu amigo, que foi a Granada lidar polo meu amor.
(II) Amor, agradézoche máis que ningunha outra cousa que, desde que se foi o meu amigo de aquí, nunca te quixeches separar de min até que veu a miña luz e o meu ben e o meu amigo, que foi a Granada lidar polo meu amor.
(III) Nunca me queixarei de ti, pois nunca te separaches de min após meu amigo se ir de aquí, até que vén o meu ben e a miña luz e o meu amigo, que foi a Granada lidar polo meu amor.
(1) Pois me quixeches acompañar tan ben, por Deus!, non me deixes vivir sen ti.