(I) Ando moi triste no meu corazón porque sei que moi cedo me terei de separar de vós, señora, e ir morar a outro lugar; e diso sentirei pesar, así Deus me perdoe, por me afastar de vós sen motivo e ir morar a outro lugar sen o voso ben, (II) porque sei que hei de sufrir tal coita cal sufrín xa outra vez, miña señora; e despois que eu me for, non haberá outra saída a iso (pola) que non teña que sentir un gran pesar por me afastar de vós sen motivo e ir morar a outro lugar sen o voso ben, (III) porque xa me pasou así outra vez, miña señora fermosa, que me afastei de vós e morei noutro lugar contra a miña vontade; mais este moi gran pesar me será, por me afastar de vós sen motivo e ir morar a outro lugar sen o voso ben.

(1) E cando eu me afaste de vós, por iso ou morrerei ou perderei a razón.