(I) Moito debe agradecer a Deus, segundo a miña opinión, aquel a quen fai amar unha señora con quen pode falar de forma que lle descubra a súa coita; mais este ben, por non mentir, non me volo quixo El dar a min.
(II) Mais fíxome ter unha tal señora de quen tiven sempre que me gardar, desde que a vin, de que me entendese canto a amo e de tentar probar se me quería consentir, por pouco que fose, ouvirme falar da coita que me fai levar, (III) que xa de ningunha forma a podería saber toda por min, nin tampouco eu coñezo hoxe quen ma puidese crer toda mentres me vise así andar vivo entre as xentes, e falar, e de tal coita non morrer, (IV) cal, desexando o seu ben, me fai o seu amor sufrir, pois de menor (coita) morreu xa alguén; mais Deus me fai así vivir en tan gran coita por mostrar na miña persoa que pode levar a cabo canto El no mundo quere facer.