(I) Moitos con gran coita de amor din que quererían morrer e que así perderían as coitas; mais eu quero dicir a verdade á miña señora: quería eu amala moito, mais non quería por ela morrer (II) como outros morreron; e que proveito ten, pois, desde que eu morra, non a verei nin lle poderei prestar un bo servizo? Por iso, a señora que eu amo quería eu amala moito, mais non quería por ela morrer (III) como outros morreron xa antes no mundo, que despois nunca puideron servir aquelas por que morreron nin pedirlles nada; por iso, a que me dá estas coitas quería eu amala moito, mais non quería por ela morrer, (1) pois morto nunca lle podo prestar servizo tan ben coma se vivise.