(I) Eu vexo a moitos que, minguados de sentido, teñen gran pracer en me dicir cousas que me causan pesar: todos os que me veñen preguntar cal é a dona que eu quero ben; vede que insensatez e que gran loucura: non consideran a Deus nin tampouco consideran mesura nin me consideran a min, a quen moito pesa iso, (II) nin sequera consideran como perden o siso os que así coidan enganarme: eles non o poden adiviñar; mais o tolo –quer diga mal, quer ben– e o cordo dirán sempre algo sensato; alén diso, eu pasarei polo que me depare o meu destino, mais de maneira ningunha saberán quen é a miña señora.

(III) E eu son moi consciente de que perden o seu siso aqueles que me van preguntar quen é a miña señora; mais eu hei de a negar sempre, así me veña ben: eu falarei ben da súa fermosura e de pracer; mais non se preocupen por iso, pois por min xa non saberán nada máis ao respecto.