(I) Ocultei a miña coita desde hai tempo, mais coa gran coita que tiven e que teño tiven que falar dela como vos direi: nos cantares que eu fixen desde entón souben dicir a miña coita de tal maneira que nunca ma puideron percibir.
(II) E, sábeo Deus, quen ten tan gran coita como eu teño non pode estar sen falar algo dela: nos cantares que eu compuxen por iso souben dicir a miña coita de tal maneira que nunca ma puideron percibir.
(III) Algún alivio recibe un home cando fala algo da coita e do mal que sofre, como eu sufro; mais debo temer outra cousa: nos cantares que compuxen desde aquela souben dicir a miña coita de tal maneira que nunca ma puideron percibir.