(I) Ningún remedio coñezo, señora, para esta coita que me fai ter esa vosa fermosura; e, xa que teño tamaña coita aquí onde vos vexo, fermosa miña señora, que farei xa desde que me eu for de aquí?

(II) E perdín o sono, e cedo hei de perder o siso, segundo eu penso, porque non sei nesta situación que facer; e, xa que tamaña coita me ven aquí onde vos vexo, fermosa miña señora, que farei xa desde que me eu for de aquí?

(III) E nunca eu vin ter unha coita tamaña a ninguén, así Deus me perdoe, como a que eu hoxe teño no meu corazón por vós; e, pois tal coita teño aquí onde vos vexo, fermosa miña señora, que farei xa desde que me eu for de aquí?