(I) Eu non teño poder, amigas, para que o meu amigo deixe de amarme e, aínda que me queixo, non me vale de nada; e cando lle eu rogo moito e lle digo que deixe de amarme así, tanto me vale como non llo dicir.

(II) Se me quere falar, dígolle eu logo que me non fale, porque a súa fala me causa un gran mal, mais de moi pouco me vale; e cando lle eu digo e rogo moito que deixe de amarme así, tanto me vale como non llo dicir.

(III) Sempre me causa pesar coa súa compaña porque teño medo de coller fama (de andar) con el como xa fixo outra vez; e aínda que lle digo moi enfadada que deixe de amarme así, tanto me vale como non llo dicir.