(I) Non me podo protexer da morte, pois vexo que Amor me quere matar por unha dona; mais, xa que eu non me podo librar de morrer por unha muller, contemplarei a mellor das donas, por quen, xa que me ha de matar, me ate Amor.

(II) E, xa que o Amor me ten de tal maneira no seu poder que non teño defensa para afastar a morte, e, porque sei con certeza que por unha dona me convén morrer, contemplarei a mellor das donas, por quen, xa que me ha de matar, me ate Amor.

(III) E ben vexo eu que, polo poder que Amor tomou sobre min, non teño defensa para me librar da morte, e, xa que por tal razón teño que morrer así por unha dona, contemplarei a mellor das donas, por quen, xa que me ha de matar, me ate Amor.