(I) Non podo eu evitar, miña señora, que me mate axiña o voso amor se eu me afasto de vós, ai miña señora, pois me aquí vén ante vós atacar, porque, pois Amor me quere matar ante vós, matarame se me encontra sen vós.
(II) E, miña señora, outra cousa vos quero dicir para que sexades sabedora diso: non tentarei fuxirlle mentres eu viva, porque non teño poder para iso, porque, pois Amor me quere matar ante vós, matarame se me encontra sen vós.
(III) Xa que me ten ante vós en gran coita, e me tirou, miña señora, o sono, non quero probar a me ir de onde estiverdes vós, pois faría unha insensatez, porque, pois Amor me quere matar ante vós, matarame se me encontra sen vós.