(I) Non me podo eu, señora, exculpar de que non desexei recibir de vós moito ben; mais xustificareime polo feito de que non pensei conseguir (do ben) máis do que vos quero dicir: pensei en vos ver, señora –tanto ben tiven ao pensar.
(II) E digo isto por me precaver dunha cousa que vos direi: nin pensedes, miña señora, que eu pensei conseguir de vós outra cousa, alén de poder vivir na terra convosco, e Deus me deixe ter a posibilidade de sempre alí estar.
(III) E déame a capacidade para negar sempre a moi gran coita que teño por vós ás xentes que sei que se empeñan en adiviñar e coñecer os asuntos privados de un; e os que isto van facer, Deus os deixe por iso encontrar mal.
(IV) E Deus os deixe así ficar como eu, señora, sen vós fiquei cando vos vin ir e non ousei ir convosco, e de pesar por iso houbera de morrer, tan doloroso me foi soportar o ter que me afastar de vós!