(I) Non me queredes, miña señora, facer ben mentres eu viva, e, despois que eu for morto por vós, non mo poderedes facer, porque non vin eu quen fixese nunca ben se non puidese.
(II) Podédesvos lembrar ben facilmente de min, que sufro moito mal por vós, e antes volo digo eu, que despois non me faredes outra cousa, porque non vin eu quen fixese nunca ben se non puidese.
(III) Podédesvos lembrar de min despois da miña morte, sen ningunha dúbida; e, así eu teña unha boa morte, non me faredes outro ben, porque non vin eu quen fixese nunca ben se non puidese.
(IV) Facédeme ben, e agradeceréivolo, mentres estou vivo, porque non mo faredes, eu ben o sei, despois de eu morrer, por esta razón: porque non vin eu quen fixese nunca ben se non puidese.