(I) Non perdo eu a coita do meu corazón matinando sempre en canto mal me vén por causa dunha dama que amo moito; e sei unha cousa, e que Deus me perdoe: que nunca Deus quixo dar unha gran coita senón a quen El lle fixo amar unha muller (II) como me fixo a min, pois, desde que eu nacín, nunca vin a ninguén vivir en tal coita como eu vivo por amar unha muller; e sei xa, por propia experiencia, que pasa isto: que nunca Deus quixo dar unha gran coita senón a quen El lle fixo amar unha muller (III) como me fixo a min, moi coitado de amor e doutras moitas grandes coitas que eu teño; e, xa que eu coñezo todas as coitas, dunha cousa estou ben certo: que nunca Deus quixo dar unha gran coita senón a quen El lle fixo amar unha muller (1) como me fixo a min, e nunca me quixo dar recompensa desa dama que me fixo amar.