(I) Non podo eu, madre, ir a Santa Cecilia, porque me gardades noite e día do meu amigo.

(II) Non podo eu, madre, ter o pracer (de estar con el), porque non me deixades cumprir o mandado do meu amigo.

(III) Porque me vixiades noite e día, heivos morrer con esta porfía por meu amigo.

(IV) Porque non me deixades cumprir o seu mandado, heivos morrer con este pesar por meu amigo.

(V) Heivos morrer con esta porfía, e, se me deixásedes ir, ficaría ben con meu amigo. 

(VI) Heivos morrer con este pesar, e, se quixerdes, irei de moi de grado con meu amigo.