(I) Non sei como me xustificar perante a miña señora se Deus me leva perante os seus ollos, pois, por Deus, non vexo como xustificarme para que non me xulgue como traidor contra ela, pois tanto tempo hai xa que seguín vivo sen ouvir os mandados dela e que non a vin.
(II) E sei eu moi ben no meu interior o que a miña señora fará así que perante ela for: ha de xulgarme como traidor a ela, con moita razón, pois tanto tempo hai xa que seguín vivo sen ouvir os mandados dela e que non a vin.
(III) E xa que o meu erro foi tan grande que lle fixen un agravio tan descomunal, se non me axuda a súa mesura, ha de xulgarme como traidor contra ela, pois tanto tempo hai xa que seguín vivo sen ouvir os mandados dela e que non a vin.
(1) E, se así for o xuízo, ai de min, infeliz, que vai ser de min?