(I) Se vos prouguese, miña señora, rogaríavos unha cousa: que, pois non me facedes ben, que non me fixésedes mal; e, miña señora, na miña opinión, nunca vos debería pesar que alguén vos rogase así, (II) aínda que sei, miña señora, que fixen unha insensatez porque vos falei agora diso, pois creede ben que por outra razón eu non me atrevería a tentar, miña señora, falar convosco sobre o que vós causastes en min, (III) porque eu ben sei, sen dúbida, que Deus vos fixo tanto valer que nunca debedes facer outra cousa máis ca ben; mais eu teño unha coita tan grave por vós, señora, que nin sequera sei o que digo, e digo calquera cousa.
(IV) E xa que me esta coita agora fai perder o siso aquí, cando vos vexo me fai dicir canto me vén ao corazón, por Deus, miña señora, que farei, ou que remedio encontrarei cando eu non vos puider ver?