(I) Non coñezo ningún tempo en que eu recibise algo de Amor do que sentise gozo, pois non quixo Deus, nin eu tomei unha señora tal a quen lle ousase falar do que sería o meu gozo e o meu ben, nin de que forma me vén mal de Amor: facerme vivir no mundo contra a miña vontade.
(II) E se outro home, segundo a miña opinión, soubese tanto canto eu sei de Amor, ben sabería como é forzador e desmesurado e de gran poder: cando soubese en cal coita me ten, ben sabería como vive aquel que Deus fai vivir no mundo contra a propia vondade.
(III) Eu, que no mundo vivo contra a miña vontade, viviría moi pracenteiramente se eu puidese recibir ben de Amor: sería o meu ben todo canto hoxe é o meu mal; mais a señora que Amor me fai servir (como namorado), esa me soubo de tal forma dispor todo para que eu non obtivese ben de Amor nin de outra cousa.