(I) Non coñezo hoxe, amigo, ninguén que padecese unha coita como a que eu padezo que non morrese agás eu, coitada –oxalá que non nacese!–, porque non vos vexo como eu querería; e oxalá quixese Deus que me esquecese de vós, a quen vin, amigo, en día aciago.

(II) Non coñezo, amigo, muller que pasase unha coita como a que eu paso que aínda vivise e que non morrese ou perdese a esperanza, porque non vos vexo como eu querería; e oxalá quixese Deus que non me lembrase de vós, a quen vin, amigo, en día aciago.

(III) Non coñezo, amigo, ninguén que sentise o mal que eu sinto que simplemente o encubrise, senón eu, coitada, a quen Deus maldiciu, porque non vos vexo como eu querería; e oxalá quixese Deus que eu nunca vos vise a vós, a quen vin, amigo, en día aciago.