(I) Non considero eu que están coitados de amor –tal é a miña opinión– aqueles que non gozan do seu ben e que razoan así: que pode perder a coita, calquera deles, cando morra; por que non morre logo, entón? 

(II) Mais, sen dúbida, nalgún momento eses senten pracer doutra cousa e por iso queren vivir, pois por outra razón penso eu que xa non quererían vivir sempre por sufriren tamaña coita cal a que eu sufro no meu corazón. 

(III) E, Deus o sabe, con pavor vivo e sufro esta coita tal que hei sufrir despois un gran mal, e considero isto mellor –o sufrir coita e ver a miña señora e esperar para poder ir a onde ela estiver–, (IV) porque eu non teño a certeza de perder a coita coa miña morte ou por outra causa se non me socorre a moi fermosa miña señora; e Deus, se me quixer socorrer, xa que a ten no seu poder, por min lle fará ter coita de amor.