(I) Noso Señor Deus, que proveito tirades agora de destruírdes este mundo así, que a mellor dona que alí existía nin existiu nunca, agás a vosa nai, levastes del? Moi mal coidastes deste mundo falso e desleal, porque canto ben tiña este mundo, todo llo Vós tirastes nun día!
(II) Por iso, que pouco me debía agradar este mundo, pois nel a bondade non vale de nada contra a morte! E pois el (o mundo) así falla, cúmprelle o gusto quen se fía del, pois o día que eu vin tal pesar, xa por canto eu entendín deste mundo, teño por louco a quen por tal mundo chora e por máis louco a quen nel mora!
(III) En aciago momento e en má hora fixo Deus o mundo, pois non deixou nel ningún conforto e levou de aquí a boa Raíña Dona Beatriz, que xa fóra del está. Direivos eu quen (é): non fixo Deus outra mellor nin tal (como ela), nin ninguén no mundo lle acharía par en bondade, por Santa María!