(I) Noso Señor, e por que me fixestes nacer no mundo?, porque me fixestes padecer moitas coitas e moi graves, Deus, cando me fixestes ir ver unha dona moi fermosa que vin, por quen morro, pois nunca vin dona con tanto ben como Vós lle fixestes a esta, (II) abofé, porque a fixestes mellor e falar moito mellor e mellor parecer que todas cantas outras donas no mundo fixestes, e en donaire e en valer moito máis; e, Noso Senhor, aínda vos direi máis sobre isto: esfórceme eu en dicilo, que nunca direi todo o ben que lle Vós fixestes, (III) porque a fixestes de mellor sabedoría, máis doce e máis mesurada ser que todas cantas outras fixestes no mundo: sobre todas elas lle destes tal poder; eu non vos podo ponderar todo o seu ben, non son quen de vos expresar o grandísimo ben que Vós, meu Señor, lle fixestes, (IV) nin o gran mal que Vós me fixestes porque ma fixestes amar tanto, nin tanto ben como Vós lle fixestes; nin o meu mal o podo dicir, nin como morro non o direi xa, nin tampouco direi nunca a dona por quen morro, que me fixestes ver.