(I) Noso Señor, terei a ocasión de ver a miña señora moi fermosa, que nunca me deu nin unha alegría e de quen nunca espero ter boa disposición? Porén, aceptaríalle por galardón vela, se soubese que non lle resultaba tan grave, Deus fose louvado por iso, (II) porque hai moito tempo que eu ando coitado desexando ir vela, se puidese, pois non me podo esquecer de cando a vin, cando tiven a Deus irado contra min, pois certamente desde entón non traio comigo este corazón nin tampouco sei de min arte nin parte, (III) porque o seu amor me ten tan aflito, desde que non tiven ocasión de a ver, que non teño forza nin poder, nin durmo nada nin sei dar conta de min; e porque vivo en tal estado de perdición, pídolle a Deus por don que me dea a morte, e así perderei o meu mal e a miña aflición.