(I) Noso Señor, como paso os días coitado morrendo así en tal poder de Amor que me privou da cordura, e, infeliz de min, outra cousa me quita polo que me fai aínda peor! Prívame de vós, a quen non sei rogar pola miña coita nin mostrárvola: así me ten Amor alleado.
(II) E en aciago día nacín, por culpa de Amor, que sempre me fixo sufridor de coita e me fai tamén vivir tan lonxe de onde eu vin os ollos da miña señora e de onde vin a súa beleza; se isto me puidese esquecer, logo eu estaría a salvo e recuperado.
(III) E sabería dalgunha boa noticia de que eu hoxe non teño coñecemento, mais sei que isto é (simple) desexo e ansia e (sei) como morre quen vive na maior coita de amor das que eu nunca vin, e, infelizmente, morro eu hoxe así, lonxe da miña señora e desamparado.
(IV) E é xusto (que así sexa), que tomei unha má decisión, porque lle falei, aínda que sentín pracer niso, pois ben entendín que foi tan contra o seu desexo que fuxín da súa terra con pavor dela e fixen unha gran loucura, porque non me había de dicir nada polo que eu nin ningún outro ficase descontento.