(I) Noso Señor, a quen eu sempre roguei, pola coita que Amor me fai sufrir, que ma quitase e non ma quixo quitar e deixoume en poder de Amor, de hoxe en diante sempre eu lle rogarei, pois teño unha gran coita, que me dea unha maior (II) con que morra, pois teño un moi gran desexo, certamente, de non vivir máis, pois El nunca se quixo apiadar de min e faime vivir sempre con gran pavor de perder o xuízo; mais agradecereille, pois teño unha gran coita, que me dea unha maior (III) moi cedo, se lle prouguese, porque non coñezo hoxe outra cousa que me causase gozo; pois El non me quixo nin quere defender del e tivo tanto gusto polo meu mal, mentres eu viva sempre o servirei, pois teño unha gran coita, (para) que me dea unha maior (1) con que morra, pois certamente non sei outra cousa que me poida quitar a coita de amor.