(I) O Noso Señor, que me fixo tanto mal, aínda me podería facer ben se eu vise axiña a miña señora, por quen sufro este mal; e non lle pido outra cousa, porque, se eu tivese a certeza de vela, nada máis do mundo querería ter.
(II) Por todo aquilo que lle eu roguei e lle pedín cando eu podía ver a miña señora, non llo pido nin querería nada mellor ca que (El) ma mostrase cando eu me afastei dela, porque, se eu tivese a certeza de vela, nada máis do mundo querería ter, (III) pois moito tempo hai xa que eu sempre lle roguei por outro ben, e non mo quixo conceder El da miña señora, e fun agora rogar (a Deus), pois non a vexo e non a verei, porque, se eu tivese a certeza de vela, nada máis do mundo querería ter.
(IV) E rógolle eu que, se a El lle prouguer, ma mostre axiña, e todo canto mal me fixo non será nada se esta vez o meu Señor Deus me quixese ouvir e ma (quixese) mostrar, porque, se eu tivese a certeza de vela, nada máis do mundo querería ter.