(I) Noso Señor, que a min me fai amar a mellor dona de cantas El fixo, e a máis fermosa e a de mellor prez e a que fixo falar máis fermosamente (de todas as demais), El me conceda o ben dela, se lle prouguer, ou, se non me quixer dar isto, a miña morte me dea para me librar de gran coita.

(II) E, se El non me quere dar isto que agora lle pido, rogareille así: que lle poida querer como ela me quere a min, pois iso pódeme protexer da moi gran coita de amor que eu teño; e, se Noso Señor non me der isto, por que me fixo amar tal señora?

(III) Ben o sei eu: fíxomo por se vingar de min, por iso e non por outra cousa; se nalgún momento lle causei pesar, por iso me deixa andar así desamparado e non me quere axudar ante ela: faime todo isto para me facer sufrir unha maior coita, e non me quere matar.