(I) Noso Señor, como non fun gardado de vivir en tal tempo como este, que o que adoitaban considerar como un ben agora é considerado un despropósito, (e) como este mundo se tornou noutra cousa, de modo que todo o que é digno de estima é considerado agora un mal! A que mal tempo eu cheguei!
(II) Que desventurado eu fun, que en tal tempo fun amar tal dona de quen non podo ter ben e por quen ando moi coitado!, e as xentes, que me ven andar así coitado, búrlanse diso e din: «Anda moi namorado».
(III) E xa me escarneceron moito porque saben que a amo, aínda que me debían prezar por iso, e por iso son menos estimado; e vivo en coita –nunca a vin maior!–, e a miña señora non me quere valer nesa situación, e así fiquei desamparado.
(IV) E esta coita tenme preto da morte, e non sobrevivirei de ningún modo, xa que á miña señora, de quen eu sempre tiven unha idea errada, non lle importo nada; e morro e, pois preto da morte estou, moito me prace, porque estou aborrecido deste mundo, que está mal organizado.