(I) O outro día, cando me eu despedín da miña señora e cando me tiven que ir, e non me falou nin me quixo ouvir, tiven tan má fortuna que non morrín, porque, se mil veces puidese morrer, menor coita tería de sufrir.

(II) Cando eu lle dixen «coa vosa venia, miña señora», fitoume un pouco e desdeñoume; e porque non me dixo mal nin ben, fiquei coitado e con tan gran pavor que, se mil veces puidese morrer, menor coita tería de sufrir.

(III) E moi ben sei, cando me separei dela e me fun de alí e non me quixo falar, que, pois alí non morrín de pesar, nunca xamais morrerei de pesar, porque, se mil veces puidese morrer, menor coita tería de sufrir.