(I) Ninguén pode saber de xeito ningún o que me acontece, pois eu por nada me atrevo a dicir o nome da que me ten en tan grave sufrimento, e non se me ocorre un remedio, porque a miña coita, que o seu amor me fai sufrir, non ten par.
(II) Con tal señora fun eu iniciar unha relación, a quen non me atrevo a lle dicir nada de canto mal me fai levar, que sempre me vén por causa dela, e moi mal coidou de min Amor, que me fixo tornar seu (vasalo), pois por ela penso morrer.
(III) E os meus ollos nunca verán nada con que folgue o meu corazón: mentres estiveren, como están, afastados dela e non foren a onde a vexan, ben sei, certamente, que nunca lles mostrarei nada que lles poida pracer.
(IV) E ben sei que non durmirán mentres así for nin é razoábel nin eu perderei o afán nunca, infelizmente; mais se eu non morrer, irei cedo a onde lle direi a miña coita, e por ela me matarán.