(I) Nunca sufrín unha coita tan grande como agora cando afastei da miña señora e me despedín dela; nunca tampouco andei ledo, mais tal é o conforto que teño: sei ben que sufriu mágoa por min, (II) cando eu me vin e me despedín dela, porque non fiquei alí; e agora faime sufrir por iso de tal xeito que non coñezo outro remedio agás o que vos direi: morrer ou tornar a onde a vin (III) tan fermosa, que nunca vin nin verei outra dona así, nin recobrarei o que perdín se non a vir, nin vivirei; mais agora eu mesmo me matei porque saín (da terra) onde ela está (IV) outra vez: cando me fun de aquí e catei os seus ollos non sentín ningún mal sequera e sentinme logo ledo e cantei e, se a vise, logo me recuperaría, pois xa por iso mesmo me mantiven con vida (antes).