(I) Nunca ninguén se sentiu así por unha señora como eu me sinto hoxe: teño vontade de ir a onde está ela máis que de cousa ningunha, e, unha vez que alí vou, non lle ouso dicir nada, aínda que moito a amo.
(II) E, abofé, ao vela penso sempre en lle dicir cando a vexa a coita que me fai ter, e, unha vez que vou a onde ela está, non lle ouso dicir nada, aínda que moito a amo.
(III) Canta coita e canta dor me fai sufrir ela no mundo é o que penso, en verdade, dicirlle; mais, cando estou diante dela, non lle ouso dicir nada, aínda que moito a amo.