(I) A gran coita e o excesivo afán que a min me fai levar a miña señora, se agora a eu non vexo moi cedo, xa eu non o poderei soportar; e non o digo por me lle queixar (sen causa), senón porque penso que vou morrer de desexo.
(II) Por isto, e non por outra razón, sufriría canto ela me quixese facer mentres eu vivise; mais non podería vivir se a non vise moi cedo, nin me debería agradar (a vida), porque, sen a ver, que proveito me tería?
(III) Por eu vivir como vivo, coitado, desde que me separei da miña señora, de tal vida eu non podo sentir agrado: da que me fai vivir tan sen gusto como aquel que considera que a morte é mellor e se sentiría por ela máis recompensado.
(IV) Mais ben vos digo que, se puidese dalgún modo ver a miña señora, onde lle eu puidese falar do meu mal e da miña coita, non hai ren polo que quixese morrer con só que eu vise a súa bela figura, nin existe no mundo sufrimento que eu sentise.