(I) O gran pracer e o gran gozo que sempre tiven pensando no ben da miña señora fanme xa desexala tanto que morro e non perdo as coitas de amor; mais pásame que algunha vez ardo e afogo e morro porque non sinto onde me doe nin sei de que defenderme.
(II) E por isto non deixei despois de amar e de servir e de facelo o mellor posíbel, pois Amor sempre quere levar como ben para si o pequeno e o grande e o maior, cales el quere, e están no seu poder: e pois iso é así, seméllame razoábel servila e agardar polo seu ben.
(III) Ai, Deus, quen puidese ter tal ben de tal señora como a que me ten no seu poder! Aínda que me causa pracer pensar niso, pensar tírame o sono e o siso, pois non podo afastar o corazón diso, porque sempre ma fai vir ante os meus ollos, vaia a onde eu vaia, e vela alí onde a vin (por primeira vez).
(IV) Mais sei unha cousa, se esta puidese ser: se ela vise o meu corazón tan positivamente como el a ve a ela, debería ter dó del e de min, despois de o ver, e por iso amo eu e trobo e empéñome en servila: para que entenda, tras oír o meu cantar, o que non podo nin ouso dicirlle.
(1) E ninguén debe ocultar o seu sentimento a quen sabe que o pode salvar; máis aínda cando ninguén máis lle pode valer.