(I) O gran gozo e o gran gusto e o gran conforto que sinto é porque ben entendo que Deus non quererá que o gran ben da miña señora cometa erro comigo, que sempre a amei e servín e lle quero mellor que a min mesmo.

(II) Isto faime andar alegre e dáme conforto e gozo pensando en como podo ter o ben daquela que non ten par, e Deus, que tanto ben lle foi dar, non quererá que o seu bo xuízo cometa un erro comigo, segundo eu penso.

(III) E por iso sinto no corazón un gran pracer, pois tal a fixo Deus, que lle deu siso e boa fama sobre cantas outras hai no mundo, que non ha querer que o seu bo xuízo erre comigo, mais hame de dar, así o coido eu, ben dela e bo galardón.